Para quen aínda non o coñeza, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música (conta con locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos, etc.). Cada 3 ou 4 meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais e estes días deu a coñecer o listado dos que organiza esta primavera. Son os seguintes:
- Perfeccionamento Photoshop
- Perfeccionamento Premiere
- Fotografía dixital
- Obradoiro de baixo
- Obradoiro de son en directo
Neste enlace podedes consultar o programa didáctico de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar. Para apuntarvos, tedes que cubrir o formulario de preinscrición na propia web de Vigosónico. A data límite é o 15 de abril, aínda que xa vos advertimos que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos xa. Ademáis, no caso dos cursos de perfeccionamento (Photoshop e Premiere) terán preferencia os que realizaran con anterioridade o curso de iniciación en Vigosónico.
Aparte destes cursos, Vigosónico tamén organiza próximamente outros dous obradoiros:
- Obradoiro de montaxe de son para directos: este venres 30 de marzo, de 17:00h a 21:00h
- Obradoiro de bailes latinos: todolos sábados do mes de abril, de 18:30h a 20:00h.
Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:
- En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
- En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8
Deja una respuesta