Cursos AFD impartidos pola CIG

A CIG (Confederación Intersindical Galega) xa publicou as datas de inicio dos seus cursos AFD. Para os que non o saibades, os cursos do plan AFD son cursos de formación ocupacional dirixidos expresamente a desempregados e están cofinanciados por algunha institución pública (como, por exemplo, a Xunta). Con eles podes aprender un oficio, especializarte dentro da túa profesión ou ampliar coñecementos.

A continuación tedes o listado de cursos AFD 2012 da CIG:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio
  • Cociña
  • Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia e interactivos
  • Montador/a de estruturas metálicas
  • Montaxe e posprodución de audiovisuais

Cada un destes cursos conta con 15 prazas. A duración oscila entre as 478 e 868 horas lectivas e as datas de inicio e finalización é distinta dependendo de cada curso. Para ver estes datos, preme na imaxe de arriba e poderás ver o listado detallado en grande. Ollo, que hai un par de cursos que comezan en poucos días, así que se vos interesa, ¡bulide! Tedes que ir á vosa oficina do Servizo Público de Emprego e apuntarvos alí. Obviamente, tedes tamén que estar inscritos anteriormente como demandantes de emprego, senón, ¡non facemos nada!

Para máis información, aquí vos deixo os datos da delegación formativa da CIG (FORGA):

  • Avenida do Aeroporto, 92
  • 986.280.776
  • vigo@forga.org

One comment

  1. sonia dice:

    interesame se sabense os horario destes cursos, so poñen as fechas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*