IX Marcha Popular polos montes de Cabral e Candeán e outras rutas organizadas por Andaina

ix marcha 2013-peqO grupo de senderismo Andaina (pertencente á Asociación Cultural “O Coto”, de Cabral) organiza varias rutas de senderismo para as próximas datas. Entre elas destaca a IX Marcha Popular polos montes de Cabral e Candeán que terá lugar este domingo día 29 de setembro e partirá dende o Parque Forestal de Cotogrande (Cabral) ás 10 da mañá. Eso sí, recomendan estar aproximadamente 30 minutos antes no punto de saída para o reparto de auga e entrega de un agasallo.

Trátase dun fermoso e fácil percorrido polos montes veciñais en man común das parroquias de Cabral e Candeán, o cal é coincidente na gran maioría co Sendeiro Panorámico de Vigo. A distancia a percorrer é de aproximadamente uns 7 km e é unha ruta de senderismo apta para persoas de calquera idade ou condición física. A ruta rematará no Parque Forestal do Vixiador (Candeán), onde se repartirá auga, froita, refrescos e haberá sorteo de agasallos entre os participantes. Ademáis, haberá un autobús gratuito para voltar ao punto de partida para recoller os coches.

Pero isto non é todo. Andaina organiza para o mes que vén outras dúas rutas de senderismo:

Domingo 6 de outubro: Ribeira Sacra do Miño (PR-G 162), treito Pesqueiras – Mourelos

  • Hora de saída: 09:00
  • Percorrido: 14,5 Km.
  • Dificultade: Media-Baixa

Domingo 20 de outubro: Ribeira Sacra do Miño (PR-G 162), treito Mourelos – Ribas de Miño

  • Hora de saída: 09:00
  • Percorrido: 14 Km.
  • Dificultade: Media-Baixa

Nestes dous casos todas as saídas son en autobús dende o Colexio Público do Carballal (r/ Lomba, 1, con acceso pola Avda. do Aeroporto á altura da Rinxela). O prezo do traxecto en bus varía entre 8€ e 10€ segundo sexas socio/a ou non da asociación

Máis información e inscricións:

  • Web
  • r/Lomba, 1 (Colexio Público Carballal, Cabral)
  • Teléfonos de contacto: 629.275.837 (Suso, información sobre rutas) e 622.246.721 (Merchi, información prazas autobús)
  • Correo electrónico para dúbidas ou preguntas: andaina@ocoto.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*