Cursos subvencionados da CEP para traballadores en activo e desempregados

[VER ACTUALIZACIÓN AO FINAL] Hoxe traémosvos os cursos do Plan Autonómico de Formación Intersectorial da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), subvencionados pola Xunta de Galicia e destinados prioritariamente a traballadores dados de alta na SS, aínda que tamén admiten desempregados e persoal das administracións públicas.

A continuación tedes dúas listas cos cursos presenciais e de teleformación dispoñibles polo momento. Como veredes, a gran maioría dos cursos son presenciais e en Vigo, aínda que tamén hai algs en localidades cercanas (Mos, Cangas, Nigrán, etc.)

Modalidade presencial*: 
  • Administración de Linux – Certificación LPI Nivel I (LPIC1)
  • Aproximación aos RRHH: formación, selección e contratación
  • Aplicación das ferramentas de Google no ámbito empresarial (Cangas)
  • Ms Project
  • Prevención de Riscos Laborais (A Guarda)
  • Sistemas de telefonía VoIP basados en servidores Asterisk
  • Aplicacións informáticas de oficina: procesador de textos, folla de cálculo e presentacións eficaces
  • Diagnose de avarías en sistemas de ABS, ASR, ESP, SAFE
  • Electromecánica de vehículos híbridos
  • Carnet profesional limpeza CPL
  • Operador/a de carretillas elevadoras
  • Autocad 2D (Nigrán)
  • Pneumática industrial
  • Deseño mecánico con CAD paramétrico e mecanizado con Powermill
  • Deseño asistido por ordenador. Autocad
  • Certificacións internacionais de Project Management. Ciclos I e II
  • Curso de GIS
  • Programador de Autómatas
  • Mantemento Industrial
  • Curso CAP formación continua
  • Excel Avanzado (Mos)
  • Autocad 2D (Redondela)
  • Diagnose de avarías en sistemas de ABS, ASR, ESP, SAFE
  • Introducción á xestión empresarial mediante o software libre openerp
  • Xestión de salarios e seguros sociais (Cangas)
  • As redes sociais no ámbito da pequena empresa
  • Inglés Empresarial nivel medio (Porriño)
  • Autómatas Programables
  • Domótica mediante controlador programable LOGO!
  • Coaching directivo para o desenvolvemento de persoas e equipos
  • Xestión de Stocks e almacéns
  • Xestión administrativa para pemes e atención ao cliente
  • Aplicacións informáticas para o cálculo de estructuras: Cype
  • Operador/a de carretillas elevadoras
  • Metodoloxía Canvas para o deseño de modelos de negocio
  • Creación de novos proxectos empresariais

* No listado da CEP aparece como modalidade Mixta, aínda que só unha pequena parte do programa de cada curso se cursa en modalidade de Teleformación

Modalidade Teleformación:
  • Alemán Profesional
  • Inglés A2
  • Marketing promocional orientado ao comercio
*** [ACTUALIZACIÓN 02/04/2014]***

Comunícannos dende a CEP que aínda quedan prazas libres nos seguintes cursos presenciais:

  • Metodoloxía Canvas para o deseño de modelos de negocio (90 horas, impartido por Femxa)
  • Programa de Actualización Xerencial (82 horas, impartido por la Escuela de Negocios Novacaixagalicia)
  • Acceso aos mercados internacionais (45 horas, impartido por AVU Consultores)
  • Sistemas de Xestión de Calidade ISO 9001:2008

Na seguinte ligazón podedes acceder ao listado completo de cursos onde podedes consultar as datas e programas de cada un, así como efectuar a inscripción. No caso dos desempregados, ademáis de inscrivirvos online teredes que ir pola vosa oficina de emprego a solicitar o curso. Podedes matricularvos en ata 4 cursos á vez, pero logo non poderedes cursar máis de un ao mesmo tempo. A confirmación de admisión no curso seleccionado a teredes uns días antes do inicio da acción formativa.

Para máis información que precisedes, podedes contactar co Departamento de Formación da CEP:

  • Avda. García Barbón, 104, 1º (está ao lado do edificio Vista Alegre e das oficinas de La Voz de Galicia)
  • Teléfono: 986.446.300
  • Mail: formacionfip@cep.es
  • O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 e de 16:15 a 19:00

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*