Tras Súbete ó Castro, Casa da Xuventude e Punto Xove, xa só quedaba Vigosónico por presentar programación para este outono. Este espazo para a mocidade que o Concello de Vigo ten no Parque Tecnolóxico de Valladares anunciou recentemente a súa programación para o mes que vén, na que atopamos cursos, obradoiros e outras actividades destinadas a mozos vigueses entre 13 e 35 anos. Velaquí a tedes:
Search results for vigosonico
Cursos gratuitos de son e deseño no mes de maio en Vigosónico
O espazo Vigosónico dependente da Concellería de Xuventude e sito no Parque Tecnolóxico de Valladares volve á carga cunha nova quenda de actividades formativas de balde dirixidas á mocidade viguesa. Neste caso son catro os cursiños ofertados, todos eles de nivel básico e terán lugar no mes de maio:
«NadalSónico 2013» do 13 ao 28 de decembro en Vigosónico
Vigosónico vén de presentar o seu programa de actividades de Nadal baixo a denominación «NadalSónico 2013». Para este Nadal teñen preparadas moitas actividades variadas dirixidas a xóvenes entre 13 e 35 anos: concertos, torneos de xogos de mesa e videoxogos, clases de música e máis… todas elas de balde.
Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico no verán
Novos cursos en outubro e novembro en Vigosónico
Vigosónico, espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música, publicou un novo listado de cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais que se celebrarán entre outubro e novembro. Son os seguintes:
- Adobe Photoshop
- Iniciación Musical
- Informática para traballar
- Adobe Premiere
- Iniciación á Fotografía dixital
- Obradoiro de son en directo
Nuevos cursos en Vigosónico
Tal e como vos comentábamos na entrada que lle adicamos á anterior edición destes cursos, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música que cada poucos meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais. Pois ben, desde o venres 25 está aberto o prazo de inscrición nos novos cursos de Vigosónico que terán lugar entre os meses de xuño e xullo. Son os seguintes:
- Iniciación a Adobe Photoshop
- Gravación e edición de vídeo
- Fotografía dixital
- Obradoiros de fotografía
- Obradoiro de son en directo
Para consultar o programa completo de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar, premede na imaxe superior e verédela en grande. As inscricións fanse a través da propia web de Vigosónico, cubrindo este formulario de preinscrición. Olliño, que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos canto antes.
Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:
- En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
- En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8
Final do concurso «Novos valores Cidade de Vigo» en Vigosónico
Esta semana chega a Vigosónico a final do concurso de novos valores musicais «Cidade de Vigo», dirixido a novos grupos e solistas da cidade con independencia dos seus estilos (rock, metal, punk, ska, rap…).
Dende o xoves ata o sábado actuarán cada día tres grupos e/ou solistas, cunha duración de 30 minutos cada un deles. A entrada é de balde. Aquí tedes o programa por días:
Xoves 10 de maio | Venres 11 de maio | Sábado 12 de maio |
19:00- Martín Fernandez 19:30- Blue Jeans 20:00- Os Narvais |
19:00- Liska 19:30- Yemet 20:00- Atlantic Valley |
19:00- Los Kualkiera 19:30- Jako CDC 20:00- Os Residuos Atractivas |
O xurado escollido polo Colectivo Malaherba e a Concellería de Xuventude elixirá un gañador de cada final, que se coñecerá xusto despois de rematar os concertos, en cada unha das 3 finais. Ademais, o público asistente poderá votar ao seu favorito dese día (cada asistente un voto). Os grupos e/ou solistas gañadores de cada final, máis o elixido polo público, tocarán no escenario «Concellería de Xuventude» no día MalaherbaRock (7 de xullo), dentro da 6ª edición do festival «Sons da Lameira» (que terá lugar os próximos 6 e 7 de xullo no Torreiro de Matamá).
Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:
- En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
- En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8
Cursos sobre musica e audiovisuais en Vigosónico
Para quen aínda non o coñeza, Vigosónico é un espazo dependente da Casa da Xuventude especialmente adicado á música (conta con locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos, etc.). Cada 3 ou 4 meses organiza cursos e obradoiros gratuitos relacionados coa música e audiovisuais e estes días deu a coñecer o listado dos que organiza esta primavera. Son os seguintes:
- Perfeccionamento Photoshop
- Perfeccionamento Premiere
- Fotografía dixital
- Obradoiro de baixo
- Obradoiro de son en directo
Neste enlace podedes consultar o programa didáctico de cada un dos cursos e as datas nas que teñen lugar. Para apuntarvos, tedes que cubrir o formulario de preinscrición na propia web de Vigosónico. A data límite é o 15 de abril, aínda que xa vos advertimos que as prazas sóense esgotar moi pronto, así que se estades interesados, apuntádevos xa. Ademáis, no caso dos cursos de perfeccionamento (Photoshop e Premiere) terán preferencia os que realizaran con anterioridade o curso de iniciación en Vigosónico.
Aparte destes cursos, Vigosónico tamén organiza próximamente outros dous obradoiros:
- Obradoiro de montaxe de son para directos: este venres 30 de marzo, de 17:00h a 21:00h
- Obradoiro de bailes latinos: todolos sábados do mes de abril, de 18:30h a 20:00h.
Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:
- En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
- En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8
Programación de actividades Verán Xove 2016 do Concello de Vigo
Como ven sendo habitual nestas datas, o Concello de Vigo presenta o programa Verán Xove 2016, co obxectivo de ofertar un tempo de lecer educativo para nenos e xóvenes. Trátase dunha programación moi extensa que inclúe principalmente campamentos urbanos, actividades en espazos de tempo libre e rapaces e actividades xuvenís en varios puntos da cidade. Os únicos requerimentos é estar empadroado/a en Vigo, ter a idade requerida para cada actividade.
Programación da Concellería de Xuventude para o 2016
Neste artículo recopilaremos todas as actividades, obradoiros e cursiños de formación organizados polos espazos dependentes da Concellería de Xuventude (actualmente Punto Xove, Casa da Xuventude e Vigosónico) durante o presente ano a medida que estas se vaian facendo públicas. Todas estas actividades teñen en común que son gratuitas (normalmente baixo inscrición previa) e diríxense a mozos/as de entre 13 e 35 anos empadroados en Vigo.