Final do concurso «Novos valores Cidade de Vigo» en Vigosónico

Esta semana chega a Vigosónico a final do concurso de novos valores musicais «Cidade de Vigo», dirixido a novos grupos e solistas da cidade con independencia dos seus estilos (rock, metal, punk, ska, rap…).

Dende o xoves ata o sábado actuarán cada día tres grupos e/ou solistas, cunha duración de 30 minutos cada un deles. A entrada é de balde. Aquí tedes o programa por días:

Xoves 10 de maio Venres 11 de maio Sábado 12 de maio
19:00- Martín Fernandez
19:30- Blue Jeans
20:00- Os Narvais
19:00- Liska
19:30- Yemet
20:00- Atlantic Valley
19:00- Los Kualkiera
19:30- Jako CDC
20:00- Os Residuos Atractivas

O xurado escollido polo Colectivo Malaherba e a Concellería de Xuventude elixirá un gañador de cada final, que se coñecerá xusto despois de rematar os concertos, en cada unha das 3 finais. Ademais, o público asistente poderá votar ao seu favorito dese día (cada asistente un voto). Os grupos e/ou solistas gañadores de cada final, máis o elixido polo público, tocarán no escenario «Concellería de Xuventude» no día MalaherbaRock (7 de xullo), dentro da 6ª edición do festival «Sons da Lameira» (que terá lugar os próximos 6 e 7 de xullo no Torreiro de Matamá).

Vigosónico atópase na Estrada do Portal, s/n, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao lado do vial de baixada da Universidade). Podedes chegar ata alí por dous medios:

  • En coche: Na rotonda da entrada principal ao Polígono tendes un desvío e a 20 metros atópase Vigosónico. Ao final tedes un mapa da zona.
  • En Vitrasa: nas liñas U1, C7 e L8


Ver mapa más grande

2 comments

  1. Blady dice:

    Blue jeans ganador del primer dia de concurso.

  2. av dice:

    Gañadores:

    Blue Jeans, Atlantic Valley, Los Kualkiera e Os Narvais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*