Este próximo sábado día 26, Turgalicia organiza en colaboración coas 5 asociacións de rutas vitivinícolas galegas unha xornada de portas abertas. Nela, todas as adegas participantes na promoción inclúen unha visita guiada e gratuita polas súas instalacións, ademáis de catas de viño ao final. Podedes visitar unha ou varias adegas, as que queirades. A maiores, tamén se ofrecen rutas guiadas pola zona ou outro tipo de actividades, aínda que a maioría destas son de pago, así como descontos en aloxamento.
No folleto que Turgalicia editou sobre a Xornada de Portas Abertas, encontraredes toda a información referente á Xornada, ás 5 rutas do viño, aos programas de actividades a maiores que desenvolven (mirade ben se son de pago e canto custan) e aos restaurantes adscritos á promoción, xunto cós listados de menús que ofertan a 25€.
Acerca destes menús, en Vigo Low Cost non negamos que poidan estar moi ben e ser moi interesantes, pero de lowcosteros non che teñen nadiña. A nosa proposta alternativa –sempre que a meteoroloxía o permita– é que montedes un picnic pola vosa conta con cousiñas que traiades de casa, xa que seguramente aproveitaredes para coñecer as inmediacións das adegas, a paisaxe, etc.
Para asistir á Xornada de Portas Abertas, só tedes que poñervos en contacto coa asociación da ruta vitivinicola que corresponda e que vos anoten. Aquí tedes o listado:
Asociación da Ruta do Viño de Monterrei (no sureste da provincia de Ourense, preto da fronteira con Portugal)
- 988 590 354
- info@rutadelvinomonterrei.com
- www.rutadelvinomonterrei.com
Asociación da Ruta do Viño Ribeiro (na zona occidental da provincia de Ourense, preto da capital)
- 988 472 044
- rutadelvinoribeiro@gmail.com
- www.rutadelvinoribeiro.com
Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas (recorre boa parte da provincia de Pontevedra, de norte a sur)
- 986 521 008
- info@rutadelvinoriasbaixas.com
- www.rutadelvinoriasbaixas.com
Asociación da Ruta do Viño Ribeira Sacra (entre as provincia de Lugo e Ourense)
- 982 410 968 / 698 767 991
- rutavino@ribeirasacra.org
- www.ribeirasacra.org
Asociación da Ruta do Viño Valdeorras (noroeste da provincia de Ourense)
- 988 312 117
- info@rutadelvinovaldeorras.com
- www.rutadelvinovaldeorras.com
Me encanta vuestra página. ¡Enhorabuena! Seguid así. Esta semana ya fui a por mis muestritas de Clarins y el sábado nos vamos a probar los magníficos caldos de la tierra. Gracias
Por cierto, para los interesados: me puse en contacto con la asociación Rías Baixas pero me dijeron que para anotarse para la visita hay que ponerse en contacto directamente con la bodega a la que se quiera ir.
Muchas gracias por la difusión de esta Jornada. Desde la Ruta do Viño Rías Baixas os recomendamos contactar previamente con las bodegas y demás establecimientos para saber si existe disponibilidad. Podéis consultar los horarios de visitas y actividades en el siguiente link;
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/es/jornada-de-puertas-abiertas
os esperamos!! Un saludo