Ciclo de contacontos para adultos na Biblioteca Xosé Neira Vilas

¿Quen dixo que os contacontos son só para nenos? Se se escriben contos para maiores, ¿por qué non hai contacontos para adultos? Eso mesmo deberon de pensar os organizadores do ciclo de contacontos para adultos Contos Dakí, que comezou o pasado 23 de abril con motivo do Día do Libro. As sesións corren a cargo do poeta e contacontos Celso Sanmartín, que nos ofrecerá as historias que ao longo da súa traxectoria ten recollido por toda a xeografía galega. A estas historias engádelles un toque contemporáneo, porque os contos da nosa tradición oral son tamén actuais, e non oxidadas pezas de museo. A asistencia é gratuita ata completar aforo.

  • Cando?: dúas sesións, a primeira mañá venres 25 e a segunda o venres 29 de xuño. Ambas son ás 19:30.
  • Onde?: na biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido, 21, a carón da Escola Oficial de Idiomas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*