Mañá martes dará comezo ás dez da mañá as V Xornadas Audiovisuais, ciclo de conferencias, mesas redondas e masterclass levadas a cabo polo IES Audiovisual de Vigo. Estas actividades pretenden dar coñecer mediante as experiencias de diferentes profesionais galegos do sector os diferentes campos que abrangue a produción audiovisual. Este ano, como non pode ser doutra maneira, o encontro céntrase na análise da produción audiovisual en época de crise: novos campos, novas técnicas que marcarán o futuro do sector e novos modelos de produción de cine.
Contará coa participación experimentados profesionais galegos como Xoán Mariño (Mr. Misto Films), o director Jorge Coira («18 comidas»), Montse Besada (directora do departamento de Produción Allea da TVG), o director Jairo Iglesias (Píxel Films) ou o produtor Pepe Coira, entre outros. O programa completo podédelo descargar aquí.
Ademáis do ciclo de conferencias, haberá dúas masterclass gratuitas:
- O martes 29 ás 17:30 «Caracterización no Audiovisual», a cargo de Alberto Hortas (4 Ojos Estudio), que nos amosará os segredos, ferramentas, técnicas e tempos necesarios da caracterización no cine.
- O mércores 30 ás 16:30 «Técnicas de gravación de cine», na que Canon presentará as técnicas de gravación coa súa cámara Canon EOS movie video 5D+2, os seus usos, aplicación e características especiais.
Para asistir a unha ou ás dúas masterclass, é preciso que vos incribades descargando esta ficha e enviándoa cuberta ao mail vxornadasaudiovisuais@gmail.com.
- Cando?: martes 29 e mércores 30
- Onde?: no auditorio do IES Audiovisual de Vigo, en Avda. Eduardo Cabello, s/n (Bouzas). O edificio está xusto detrás do CSIC-Centro de Investigacións Mariñas e ao lado do Liceo Marítimo de Bouzas.
- Requisitos?: aínda que está dirixido principalmente a estudiantes e profesionais do audiovisual, é un acto aberto a todo o que queira ir. A entrada é libre ata completar aforo, así como a inscrición ás masterclass
- Máis información: Web, Perfil en FB das V Xornadas Audiovisuais, Perfil en FB do IES Audiovisual de Vigo, Perfil en Twitter do IES Audiovisual de Vigo
Deja una respuesta