Ao igual que FORGA, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) tamén publicou recentemente os seus cursos AFD. Para a sede de Vigo son os seguintes:
- Atención Especializada para Enfermos de Alzheimer
- Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio
- Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
- Vendedor Técnico
- Técnico de Comercio Exterior
- Técnico de Formación
Neste enlace podedes consultar as datas e horarios de cada un dos cursos, así como os programas formativos de cada un. Ao igual que cós cursos de FORGA, para inscribirvos tedes que ir pola vosa Oficina de Emprego.
Para máis información que precisedes, podedes contactar co Departamento de Formación da CEP:
- Avda. García Barbón, 104, 1º (está ao lado do edificio Vista Alegre e das oficinas de La Voz de Galicia)
- Teléfono: 986.446.300
- Mail: formaciónfip@cep.es
- O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 e de 16:15 a 19:00
Deja una respuesta