Obradoiros de internet para adultos

Enterámonos vía Xornal Vigo dunha serie de tres obradoiros gratuitos relacionados con Internet e destinados ao público adulto que se celebrarán este verán. Son os seguintes:

No Centro Local de Emprego (sito en r/Oporto, 1)

  • Trámites electrónicos coa administración: do 2 ao 4 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Uso seguro de Internet para pais e nais: do 9 ao 11 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 16 ao 18 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

No Centro Cívico Municipal de Teis (sito en Camiño Maceiras, s/n)

  • Trámites electrónicos coa administración: do 3 ao 5 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Uso seguro de Internet para pais e nais: do 10 ao 12 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
  • Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 17 ao 19 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

En principio, o único requisito para inscribirse é estar empadroado no Concello de Vigo. Para inscribirvos ou solicitar máis información, tedes que chamar ao número de información local 010.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*