Este pasado sábado deu comezo ao outro lado da ría a 29ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, organizada polo Concello de Cangas, a Asociación Cultural Xiria e a produtora teatral Teatro de Ningures.
Varias actuacións do programa teñen lugar ao aire libre, nas rúas de Cangas -e polo tanto, son gratis e para todos os públicos-. Son as seguintes:
«Ellas Bailan Solas» de Pikor Teatro
- Martes 3 de xullo ás 20:30
- Nas rúas e prazas do centro de Cangas
«Eu mataríame mais… non lle vexo futuro» de Teatro da Esmorga
- Martes 3 de xullo ás 00:30
- Á entrada do Auditorio Municipal de Cangas (Avda. de Lugo, 27)
- Venres 6 de xullo ás 12:30
- Na rúas do centro de Cangas
- Venres 6 de xullo ás 20:30
- No Cruceiro de Hío
- Sábado 7 de xullo dende as 10:30 ata ás 22:30
- En distintas rúas, prazas e parroquias, finalizando ás 22:30 no Auditorio Municipal
- Sábado 7 de xullo ás 20:30
- En bares e terrazas de Cangas
Deja una respuesta