Os días 7 e 8 de novembro -mércores e xoves da semana que vén- 21 e 22 de novembro celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra (MAPA) a I Feira de Emprego «PonteEmprego», co principal obxectivo de lograr a colocación laboral dos desempregados participantes. Este evento organízao Proxecto Iles, que é unha Iniciativa Local de Emprego Social do Concello de Pontevedra, do cal ós desempregados seguro que vos soan os seus boletíns con ofertas de emprego.
A feira PonteEmprego está principalmente orientada aos seguintes grupos:
- Demandantes de emprego
- Estudantes de último ano
- Emprendedores e empresas que precisen traballadores
Que atoparemos en PonteEmprego?
- Unha bolsa de emprego con 125 ofertas para a campaña de Nadal, proporcionadas polas empresas asistentes á feira e ás que os participantes poderán entregar o seu currículum. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra colaborará na xestión dos currículum axeitados para cada posto co fin de poder realizar entrevistas durante a celebración da feira.
- Un programa de conferencias e obradoiros sobre temas como o autoemprego, os perfís máis demandados polas empresas, como afrontar unha entrevista de traballo ou como buscar emprego no estranxeiro.
- Un espazo para que os participantes aprendan a xestionar o seu currículum ou aprender a emprender.
Programa de actividades
Mércores 21 de novembro
Salón de actos |
Auditorio | Workshops |
10.00Apertura
10.30 Certificado de profesionalidade: acreditación de competencias 12.30 Mesa redonda: na procura de traballo no estranxeiro 17.00 Evolución do emprego, perspectiva de futuro 17.30 Qué buscan as empresas? Perfís máis demandados 19.30 Como venderte: a importancia da imaxe |
10.30 Competencias profesionais: o seu papel na selección
12.00 Emprego 2.0 17.30 A procura de emprego en época de crise 18.30 Casos de éxito: Platu e Fernández Valdés 19.30 Traballo en equipo e coaching 19.30 Orientación laboral: á procura de traballo |
11.30 O test da idea e do emprendedor 17.00 Como afrontar unha entrevista de traballo 19.00 Nocións básicas de contratación laboral |
Xoves 22 de novembro
Salón de actos | Auditorio | Workshops |
10.30 Onde atopar cartos para a túa idea empresarial? Socios capitalistas ou financiamento
12.30 Recursos e apoios para a creación de empresas 17.30 Internet como ferramenta |
10.00 Dificultades para ser emprendedor: erros e solucións
12.00 A comunicación nas entrevistas persoais 13.00 Casos de éxito: a motivación do grupo e Tekplus Ingeniería 17.30 Como ser feliz sen ser idiota |
11.30 Produtos financeiros básicos para PEMES
17.00 Como vender unha idea 17.00 Réxime especial dos traballadores autónomos: preguntas e respostas |
A asistencia a PonteEmprego é gratuita con inscripción previa. Para inscribirvos só tedes que descargar este formulario, cubrilo cos vosos datos e remitilo ao mail inscricions@feiraemprego.es ou emprego@proxectoiles.es.
Máis información:
- Web de Proxecto ILES
- Perfil en FB
- Perfil en Twitter
- Teléfono: 986.841.606
Busco trabajo, soy diplomado en Magisterio, espero una oportunidad.