*** ACTUALIZACIÓN 06/02/2013 ***
Ante o éxito que está tendo esta actividade, ampliárona a este mes, celebrándose todos os xoves (7, 14, 21 e 28 de febreiro) de 19:00 a 21:00.
*** ARTIGO ORIXINAL ***
No centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos (r/Romil, 3, baixo) organizan neste mes de xaneiro un obradoiro gratuíto de iniciación á cestería. Nel haberá tanto teoría coma práctica sobre os materiais empregados, tipos básicos de trenzado, técnicas e usos.
Como vos comentaba, trátase dun obradoiro de iniciación, así que non se require posuír coñecemento previo algún. Tamén é gratuíto, como o resto de actividades que celebran en A Cova dos Ratos, aínda que ao final da sesión se pase un bote para que os que queiran poidan aportar algo ao centro.
Tampouco precisa de inscrición previa nin que levedes material algún, xa o poñen todo eles. Se vos interesa, o único que tedes que facer é ir pola Cova durante os xoves de xaneiro (10, 17, 24 e 31) en horario de 19:00 a 21:00.
Deja una respuesta