Cursos gratuítos para preparar o Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de convocar unha serie de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Estes cursos gratuítos diríxense tanto a particulares (sempre que sexan maiores de idade) como a colectivos que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas interesadas en participar nos cursos.

Ditos cursos está previsto que se celebren nas principais Escolas Oficiais de Idiomas e nos centros que se presenten como «colectivos» á convocatoria durante a primavera (xusto antes dos exames para obter o título, que normalmente se celebran no mes de xuño). Haberá un máximo 30 prazas por curso e terán unha duración de 70 horas lectivas.

A data límite para a presentación de solicitudes e o venres 25 de xaneiro de 2013. Podedes tramitar a vosa solicitude en https://sede.xunta.es co procedemento ED104B e ED104D ou tamén fisicamente en soporte papel (ver Bases en «Máis información»).

Máis información:

Fonte: xuventude.xunta.es

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*