XV edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario

gal01Esta tarde dará comezo a XV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), que da a oportunidade de subiren ás táboas a sólidas formacións teatrais nacidas nos campus de Galicia e de fóra da comunidade. Nesta ocasión renderase homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor teatral ao que precisamente está adicado este ano o Día das Letras Galegas.

Ao igual que o pasado ano, nesta edición a MITEU tamén terá dous escenarios: a Mostra intercalará as representacións nas instalacións do campus universitario con outras no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Ademáis, todas as funcións serán de entrada libre ata completar aforo.

Á espera de que se confirme a totalidade do programa da Mostra, presentámosvos un avance do mesmo:

  • Mércores 20 de marzo: «Animaliños», obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola companía de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Mércores 10 de abril: «Suicidio colectivo con encanto», obra de Fernando Dacosta a partir de «Delicioso suicidio en grupo», de Arto Paagilinna, interpretada pola Aula Universitaria de Teatro de Ourense. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Martes 16 de abril: «A burla do galo», obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Mércores 17 de abril: «Agora e na hora da nossa hora», interpretada pola compañía Eduardo Okamoto (Brasil). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Xoves 18 de abril: «Gemma Suns», interpretada pola compañía Fervor (Arxentina). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Mércores 24 de abril: «Propietarios», obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola Aula de Teatro do Campus de Vigo. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*