O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta unha nova edición destes obradoiros relacionados coa expresión oral e escrita, ambos gratuítos e dirixidos a persoas adultas. Neste caso repartiranse entre o Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, preto da Praza da Industria) e a Biblioteca Central (Joaquín Yañez, 6, Casco Vello). O prazo de inscrición xa está aberto para ambos cursos.
Obradoiro de escrita creativa impartido polo escritor Francisco Castro
Dirixido a persoas ás que lles gusta escribir. Este está concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida ou xogar a crear mundos coas palabras. Todas as persoas que participen terán a ocasión de escribir poemas, relatos, contos dende o primeiro momento e sempre partindo de actividades moi sorprendentes.
- Mércores 24 e luns 29 de abril de 17:00 a 19:00 na Biblioteca Central
Obradoiro de comunicación oral impartido pola actriz Uxía Blanco
Aprende a seducir coa voz. Farase un achegamento a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz ou ordenar o discurso. Falarase sobre a importancia da linguaxe non verbal, a presenza e a brevidade. Partindo dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
- Lunes 29 e martes 30 de abril de 17:00 a 19:30 no Instituto Municipal de Educación
A inscrición xa está aberta no 986.810.281 (horario de 09:00 a 13:00)
- Máis información en xornal.vigo.org
- Instituto Municipal de Educación en Camiño do Chouzo, 2
Deja una respuesta