O espacio de coworking lala!bandería celebra esta fin de semana a súa primeira lala!feira dentro das galerías Príncipe, nas distintas plantas que conforman esta peculiar construcción arquitectónica situada en pleno centro da cidade de Vigo. Haberá exposicións, presentacións, teatro, concertos, outlet de roupa e outras moitas actividades máis hoxe venres 7 e mañana sábado 8, de 10:00 a 22:00.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Venres 7 de xuño
- De 10:00 horas a 22:00 horas: Outlet de moda a cargo de Lualla.my way
- 18:00: Lila de Lilith Libraría de Mulleres presenta o libro «Matriarcas. Mulleres en pé de vida» da xornalista Montse Fajardo.
- 19.00: «Unha historia sonora», na que o guitarrista Ricardo Alves Pereira (Portugal) invita á escritora Esin Yardimiı (Turquía). Prezo da entrada a 5€.
- 20:00: Recital do escritor senegalés Bilal Traoré.
- Ás 20:30, 21:00 e 21:30: Dúas obras de microteatro. Por unha banda, a Compañía A Safar presenta a obra de microteatro «Pasando a tardiña», que vai de catro adultos xugando a ser nenos que xugan a ser adultos. Por otra parte, tedes á comediante Olga Abad, que presenta a obra «Paquita y sus patitos». Prezo da entrada a 3€ cada pase e obra.
Sábado 8 de xuño
- De 10:00 horas a 22:00 horas: Outlet de moda a cargo de Lualla.my way
- 17:00: A editorial Tazalunarbooks presenta o proxecto “11 Maneras de llegar a la Luna”.
- 18.00: O poeta Ramón Blanco presenta a súa obra “Emily on the Road” con improvisacións de Pablo Sax. Prezo da entrada a 5€.
- 19:30: Presentación do proxecto de escola de artes escénicas Escenoteka.
- 20:30: Presentación do colectivo Seara Records.
- 22:00: Concerto a cargo do colectivo Seara Records + Jam Session (jazz, blues, rock, folk… ¡todos os estilos confundidos!)
Como vedes, a meirande parte das actividades son de entrada libre, e nas que hai que pagar entrada son de baixo custe. Ademáis, haberá varias empresas e profesionais que exporán a súa actividade e traballos:
|
|
Máis información:
- Web de lala!bandería
- Perfil en FB
- Mail: lalabanderia@gmail.com
- Teléfonos: 685.303.410 y 986.229.444
Deja una respuesta