Feira PonteEmprego 2013 o 23 e 24 de outubro en Pontevedra

ponteemprego2013Hoxe saímonos un pouco das nosas fronteiras habituais para traervos información sobre un evento que seguro vos interesará a moitos vigueses. A segunda edición da feira de emprego PonteEmprego celebrarase o mércores 23 e xoves 24 deste mes no Pazo de Cultura de Pontevedra (MAPA). Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra para axudar ás persoas na procura de emprego e a emprendedores e empresas que precisen traballadores.

No tocante á bolsa de contratación, este ano hai novidades respecto do seu funcionamento. Trala experiencia un pouco caótica do ano pasado, a organización decidiu que nesta segunda edición non vaiamos cós nosos CVs na man a entregalos a un stand, senón que os candidatos sexan preseleccionados polas empresas. Este mércores día 16 o ILES publicará un boletín especial PonteEmprego coa relación completa de ofertas vacantes, no que se indicarán os requisitos e condicións establecidas para cada posto, así como o contacto e prazo tope para o envío do currículo e o número de referencia da oferta (que habedes de incluir á hora de remitir a vosa candidatura).

Unha vez pechado o prazo de inscrición, e comprobado a idoneidade dos demandantes de emprego ás esixencias requiridas nos postos ofertados, serán as empresas participantes na Bolsa de Contratación as que concertarán o seu propio proceso de selección, citando individualmente os candidatos seleccionados. Para poder confeccionar estas axendas, e garantir a calidade do proceso de recrutamento

este ano non se recollerán CVs os días da feira, así que non os levedes

Por outra banda, ao igual que na anterior edición PonteEmprego contará cun programa de ponencias e obradoiros gratuitos. Estas actividades ofrécense en distintos horarios cun número limitado de participantes por sesión, polo que é imprescindible a inscrición previa que será cuberta por rigorosa orde de chegada. Consultade neste PDF o listado completo de ponencias e obradoiros, aos que vos teredes que apuntar cubrindo o seguinte formulario, tendo de prazo ata o luns 21.

[ACTUALIZACIÓN 16/09/2013] Xa se publicou o boletín de PonteEmprego coas ofertas da feira. En cada oferta atoparedes o modo de contacto coa empresa para remitirlle o CV e o número de referencia que habedes de indicar. Podedes consultalo premendo neste enlace.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*