Culturgal 2013 en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro

culturgal2013Un ano máis volve Culturgal, feira das industrias culturais de Galicia, ao Pazo da Cultura de Pontevedra (r/Alexandre Bóveda, s/n; consulta aquí como chegar). Hoxe venres 29 abre as súas portas ata o domingo 1 de decembro cun sinfín de actividades lúdico-culturais (literatura, teatro, danza, circo, maxia, audiovisuais, novas tecnoloxías…) para todos os públicos. Ademais de actuación, esta sexta edición de Culturgal contará tamén coa clásica feira de stands onde as empresas participantes darán a coñecer os seus produtos e servizos e unha sección de tenda onde adquirir produtos culturais cun 10% de desconto.

No seguinte enlace poderedes consultar o mapa e lista dos expositores que estarán presentes en Culturgal. A feira comporase dos seguintes espazos:

  • Espazo libro: encontros con escritores e presentacións editoriais
  • Espazo carpa: concertos e artes escénicas
  • Espazo infantil: actuacións e actividades para os máis pequenos
  • Espazo tecnoloxía: presentacións, debates e charlas sobre o sector e as súas novidades
  • Espazo cinema: proxeccións, charlas e encontros con profesionais do sector
  • Espazo profesional
  • Outros espazos Culturgal
  • Culturgal de portas para fóra: espazos fóra do Pazo da Cultura que acollerán actividades da feira.

Aquí podedes consultar a programación completa por días e espazo. Queremos destacar as propostas para público infantil e xuvenil, que terán un papel protagonista durante os tres días de Culturgal. Espectáculos circenses, contacontos, teatro, música, libros, obradoiros, cine e máis para toda a familia encontraredes no programa infantil e xuvenil:

FOLLETO INFANTIL AF

A entrada ao recinto será gratuita, aínda que o que o desexe poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar coa organización do evento e recibir un pequeno agasallo a cambio.

Por último, queríavos comentar unha das propostas que estará presente en Culturgal, gratuita e moi interesante a nivel profesional. Trátase de «Ganapán Exprés: Asesoramento Instantáneo», proxecto que presenta a empresa Ganapán Comunicación e gracias ao cal ofrecerán asesoramento gratuito sobre marketing online aos emprendedores que se pasen calquera dos tres días polo stand mudable de 19:30 a 20:00. Tedes toda a información ao respecto neste evento de Facebook.

Más información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*