A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, organiza unha serie de obradoiros de diversas temáticas. Darán comezo entre mediados de febreiro e principios de marzo, constan todos eles de 30 horas de duración e o número de prazas oscila entre 10 e 21.
O prazo de matrícula remata este mesmo venres, día 14 e estes son os prezos dos obradoiros:
- 40€: público en xeral
- 30€: membros da comunidade universitaria (léase estudantes, profesores, investigadores e persoal non docente)
- 20€: bolseiros
Se ben non son gratuitos nin moi baratos, a lo menos noto que se baixaron da parra cós prezos, pois hai 8-9 anos non era raro atopar obradoiros de Extensión Universitaria por 60€, 80€ ou ata 100€ para o público en xeral.
Para efectuar a inscrición:
- Ingresa a cantidade correspondente en calquera sucursal de Novagalicia Banco indicando o código (numeriños en azul) e título do obradoiro
- Cubre a ficha de inscrición facilitada nos lugares de información e matrícula ou ben na web de Extensión Universitaria
- Enviar a documentación necesaria: ficha de inscrición, xustificante de pagamento, fotocopia do DNI (se non eres alumno da Universidade) e/ou fotocopia de credencial de bolseiro (cando corresponda). Tés tres formas de entregar a documentación: persoalmente en Extensión Universitaria ou nos lugares de información e matrícula, enviándoa as direccións de correo-e avicext1@uvigo.es ou avicext2@uvigo.es, ou por correo postal a «Extensión Universitaria, Edificio Miralles, Lagoas-Marcosende 36310 Vigo»
Máis información:
- Web de Extensión Universitaria
- Teléfono 986.813.626
Deja una respuesta