Charla sobre Marketing Online no Centro Cívico Casco Vello o 24 de marzo

O próximo luns 24 de marzo en horario de 19:30 a 21:15 terá lugar a charla titulada “Claves do Marketing Online para PEMEs e Emprendedores. Información, Comunicación, Sentimento e Segmentación” no Centro Cívico Casco Vello (r/Oliva, 12, a carón da Colexiata de Santa María). O conductor do acto será David Domínguez, fundador da axencia de publicidade Fragole, que nos falará acerca dos aspectos a ter en conta á hora de planificar unha estratexia de promoción na rede.

Este é o programa previsto:

  • Definición do marketing online.
  • Situación actual de Internet en Galicia.
  • ¿Qué buscan os usuarios na rede?
  • ¿Coñezo os meus elementos deferencias?
  • Os catro elementos claves na rede:
    1. Información. ¿Qué podes aportar os usuarios?
    2. Comunicación. ¿Cómo comunícome con meu público obxectivo? O entorno 2.0
    3. Sentimentos. ¿Qué valores quero transmitir? O corazón é o complemento da razón na compra.
    4. Segmentación. ¿Cómo atopo o momento e o lugar oportunos?

O acto aínda que esta dirixido a todo tipo de publico, resultará de especial axuda a empregados e traballadores de PEMEs de calquera sector, emprendedores que van comezar ou xa comezaron unha actividade, e desempregados que desexan impulsar a súa marca persoal en Internet.

O horario da xornada será de 19:30 a 21:15 e a entrada será libre e gratuíta, aínda que recomendase confirmar a presenza na mesma no telefono 635 347 577 ou na dirección de correo electrónico fragolecomunicaciones@gmail.com.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*