Obradoiro gratuito de teatro improvisado impartido por Uxía Blanco

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro improvisado en galego que será impartido pola actriz Uxía Blanco. O obxectivo deste obradoiro gratuito é dotar ao alumnado de recursos para saír airosos no mundo do espectáculo, así como dotalos de recursos para resolver calquera situación na vida real, á par que melloran a súa expresión oral en galego.

O obradoiro terá lugar no salón de actos do Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2) durante sete días: 26, 27 de marzo e 1, 2 de abril en horario de 10:00 a 12:30 e 8, 9 e 10 de abril en horario de 10:00 a 12:00.

Máis información e inscripcións:
  • Teléfono do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo: 986.810.281 (horario de 09:00 a 14:00)
  • Instituto Municipal de Educación en Camiño do Chouzo, 2

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*