Mañá mércores regresa o Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso. Como este ano celebra a súa décima edición reunirá algunhas das películas máis emblemáticas que pasaron polo festival, que encarnaron diversas tendencias dende o cinema autobiográfico ao cinema directo, pasando pola crítica social ou o ensaio político.
Pero ademáis dos greatest hits de edicións anteriores, tedes unha sección de cinema galego, cinema portugués e, por suposto, a sección oficial que contará con seis longas pelexando polo galardón do festival, así como outras actividades paralelas. Velaquí tedes o horario completo:
E estes son os prezos:
- As entradas para cada unha das sesións custarán 2€. Terán lugar no Teatro Municipal de Tui (Rúa Colón, 2)
- Os «Encontros con realizadores» que se farán na Sala de Prensa do mesmo teatro son de entrada libre ata completar aforo
- A entrada á festa do sábado na Sala Metropol (r/Porta da Pía) custa 7€
Deja una respuesta