O refrán di que o rozamento fai o cariño pero nas comunidades de propietarios non sempre é tan doado e problemas derivados do ruído, derramas imprevistas, colocación de ascensores, non pagamentos dos veciños, etc., son do máis común. Por iso a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) organiza o obradoiro «Aclárese cos seus dereitos e deberes como propietario» co obxectivo de resolver todas as dúbidas que teñamos sobre os nosos dereitos e deberes como propietarios dunha vivenda, así como o funcionamento das comunidades de veciños.
O obradoiro terá lugar o próximo xoves 29 de maio ás 19:00 na propia sede da asociación. A asistencia é gratuita para todos os interesados que se inscribiran previamente, ben chamando ao 986.226.642 ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo vigo@adicae.net cos vosos datos (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e o nome do obradoiro a realizar.
Máis información:
- A delegación de ADICAE Galicia en Vigo está en Velázquez Moreno 9, 5º oficina 2
- Mail: vigo@adicae.net
- Teléfono: 986.226.642
- Perfil en FB
- Perfil en Twitter
Deja una respuesta