FORGA -a sección formativa do sindicato CIG- xa publicou os seus listados de cursos subvencionados, neste caso dirixidos preferentemente a traballadores en activo dos sectores da administración, sanidade e ensino, con prazas reservadas para desempregados. Este ano convócanse 8 cursos presenciais en Vigo e 8 en modalidade teleformación, con datas de comezo entre os meses de setembro e novembro.
Cursos presenciais en FORGA Vigo (15 prazas por curso)
- Perfeccionamento de Xefatura de Negociado (80 h)
- Contratación e licitación electrónica (30 h)
- Estatuto básico do Empregado Público (25 h)
- Información e atención ao/á cidadán/a (25 h)
- Informática intermedia (20h)
- Primeiros auxilios para persoal non sanitario (12 h)
- Mobilización e traslado de pacientes (10 h)
- Taller de comunicación de malas noticias (8 h)
Cursos en modalidade teleformación (dependendo do curso ofértanse dende 15 ata 105 prazas)
- O Cinema Galego como linguaxe educativa (30 h)
- Música e literatura galega, un encontro a través da historia (30 h)
- Creación de aplicacións pedagóxicas para dispositivos móbiles (30 h)
- Xestión de actividades pesqueiras nivel 1 – nivel 2 (25 h)
- Educación para a saúde (25 h)
- Desenvolvemento dos RRHH e organización para a autoridade portuaria (25 h)
- Agresión sexual (25 h)
- Relacións humanas e clima laboral (20 h)
Unha vez saibas en que cursos te queres apuntar, só tes que preinscribirte nos cursos que desexes buscándoos neste listado e cubrindo o formulario que aparecerá ao premer o botón de “Solicitar Praza” na ficha correspondente. Posteriormente, recibirás una notificación se eres seleccionado para facer algún curso. Importante: se eres traballador en activo dalgún dos sectores antes indicados, ten en conta que só podes ser admitido nos cursos ofertados para o teu sector.
Máis información:
- FORGA está na Avenida do Aeroporto, 92
- Teléfono 986.280.776
- vigo@forga.org
- Web
Deja una respuesta