Tras Súbete ó Castro, Casa da Xuventude e Punto Xove, xa só quedaba Vigosónico por presentar programación para este outono. Este espazo para a mocidade que o Concello de Vigo ten no Parque Tecnolóxico de Valladares anunciou recentemente a súa programación para o mes que vén, na que atopamos cursos, obradoiros e outras actividades destinadas a mozos vigueses entre 13 e 35 anos. Velaquí a tedes:
- Obradoiro sonorización concertos (nivel básico): o venres 3 e sábado 4 participando na sonorización do Concerto Sónico que terá lugar o día 4 a partir das 18:00
- Obradoiro de cupcakes: mércores 1 ou mércores 22 (dúas quendas distintas) de 17 a 19 h.
- Curso WordPress.com (nivel básico)*: os xoves 09, 16, 23 e 30 de outubro de 18 a 20 h.
- Iniciación a gravación en estudio: venres 10, 17, 24 e 31 de outubro de 19 a 21 h.
- Obradoiro reciclaxe con latas: sábado 11 de outubro de 17 a 19h.
- Obradoiro edición básica son*: mércores 15 de outubro de 17 a 19 h.
- Obradoiro reciclaxe con papel: sábado 18 de outubro de 17 a 19h.
- Obradoiro de danza oriental: domingo 19 de outubro de 17 a 19h.
- Obradoiro publica o teu vídeo en YouTube*: mércores 29 de outubro de 17 a 19h.
- Ademáis, está prevista (pero sen confirmar aínda o horario) a celebración dunha Masterclass de Batería o domingo 26 de outubro
*Para os cursos de informática precisase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica, no caso de non cumprir este requisito impedirá a realización do curso.
As inscripcións xa están abertas na web de Xuventude, onde tedes que cubrir cos vosos datos este formulario. Se vos interesa facer algunha destas actividades non vos durmades nas berzas: recordade que ás prazas son limtadas e asígnanse por orde de inscrición.
Máis información:
- Vigosónico atópase en Estrada do Portal, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da Universidade de Vigo
- Liñas de Vitrasa U1, C7 e L8
- Máis información en xuventudevigo.org
Deja una respuesta