Novos cursos subvencionados en FORGA para traballadores e desempregados

FORGA -a sección formativa do sindicato CIG- ven de publicar o seu Plan Intersectorial 2014-15 con cursos subvencionados dirixidos prioritariamente a traballadores en activo de calquera sector, pero cun cupo de prazas reservadas para desempregados e traballadores das Administracións Públicas no caso de que non se cubriran todas as prazas.

Convócanse un total de 19 cursos presenciais en Vigo (con 15 prazas por curso, de 17 a 90 horas de duración) e 32 en modalidade teleformación (dependendo do curso ofértanse dende 30 ata 63 prazas, de 15 a 55 horas de duración) con datas de comezo a partir do mes de xaneiro. Hai cursos cós que poder obter o carné de manipulador de alimentos ou o de operador de carretillas elevadoras, así como de idiomas, cociña, informática, administración e atención ao cliente

Preme aquí para consultar o listado completo da nova formación intersectorial subvencionada de FORGA

Unha vez saibas en que cursos te queres apuntar, só tes que preinscribirte nos cursos que desexes buscándoos neste listado e cubrindo o formulario que aparecerá ao premer o botón de “Solicitar Praza” na ficha correspondente. Posteriormente, recibirás una notificación se eres seleccionado para facer algún curso. [ACTUALIZACIÓN 04/12/2014]: No caso dos desempregados, é obrigatorio apuntarse a través das oficinas do Servizo Público de Emprego.

Máis información: 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*