O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas organiza para o próximo mes de febreiro dous obradoiros a prezo low cost: lingua coreana e monólogos de humor en galego. O primeiro deles é de nivel introductorio ao coreano, mentres que os segundo busca ensinar a redactar e interpretar guións cómicos ou monólogos de humor.
Programa do obradoiro de lingua coreana
(catro sesións, unha por semana, con comezo o martes 3 de febreiro)
- Un pouco de lingua coreana, da súa cultura e do seu alfabeto.
- Saudar e presentarnos, cunha introducción á linguaxe formal e coloquial.
- Verbos ser e estar e un pouco do vocabulario básico.
- Completaremos con información sobre onde se pode estudar coreano, bolsas e información sobre as posibilidades de estudo.
Programa do obradoiro de monologos de humor
(oito sesións, unha por semana, sendo a primeira o próximo mércores 4 de febreiro)
- Redacción do guión. Aproximación á historia dos monólogos de humor. O stand up na actualidade
- Ensaio do espectáculo. técnicas de memoria e concentración. Técnicas de ensaio
- Preparación do escenario. Elementos básicos
- O discurso. Pausas e silencios
- A comunicación verbal. A importancia das palabras. Dominio da comunicación non verbal
- Interpretación do guión. Observación, análise e avaliación do público. a retroalimentación. Manexo de situacións conflitivas.
Os dous obradoiros teñen un custe de 5€ por xornada, saíndo a 20€ o de coreano e a 40€ o de monólogos de humor. En ambos casos, a inscrición farase enviando un correo electrónico a eoi.vigo.edl@gmail.com
Máis información:
- A Escola Oficial de Idiomas está en Av. Martínez Garrido, 17
- Perfil en Facebook de Dinamización Lingüística da EOI Vigo
- Mail eoi.vigo.edl@gmail.com
Deja una respuesta