A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) ten unha programación de cursos subvencionados pola Xunta e mailo Fondo Social Europeo sobre diversas temáticas enlazadas co emprendemento, economía social e cooperativismo. Trátase dun total de nove cursos que serán impartidos en modalidade teleformación entre os meses de febreiro e xullo. Diríxense principalmente a socios traballadores e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social na nosa Comunidade, aínda que tamén poden acceder a eles desempregados ata un límite do 40% das prazas totais do Plan.
O Plan componse dos seguintes cursos:
- Introdución á Lei Orgánica de Protección de Datos
- Aprender a emprender. Formación para o emprendemento eooperativo
- Creación de textos e presentación en Software Libre
- Dirección e xestión de proxectos
- Deseño e edición de imaxe e vídeo en Sofware Libre
- Como elaborar un plan de empresa cooperativa
- Cultura financiera e finanzas éticas para o emprendemento
- Habilidades ofimáticas para follas de cálculo: Calc
- Elaboración do regulamento de réxime interno
Neste seguinte enlace podedes consultar o temario completo de cada un dos cursos, así como as datas e horas totais. Para inscribirvos nalgún dos cursos só tedes que cubrir este formulario de inscripción o antes posible e agardar a que se poñan en contacto convosco para confirmar a praza. Podedes inscribirvos en máis dun curso, pero só é posible cursar un ao mesmo tempo.
IMPORTANTE: Se estades desempregados, recordade que debedes de solicitar os curso na vosa oficina de emprego de referencia.
Máis información:
- A sede de UGACOTA en Vigo está en r/Cronista Rodríguez Elías, 2
- Teléfono: 986 13 65 92
- Mail: nuria@ugacota.coop
- Web
Deja una respuesta