Cursos gratuitos de linguaxe administrativa galega e Celga na EOI

A Xunta de Galicia convocou recentemente unha serie de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán nas Escolas Oficiais de Idiomas. Cada un dos cursos, todos eles con caracter gratuito, contará cun número mínimo de 15 prazas e máximo de 25 e terán lugar entre outubro de 2015 e maio de 2016.

Cursos preparatorios para a obtención do Celga

Poden apuntarse a estes cursos todos os maiores de 16 anos interesados en presentarse as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega e obter o respectivo certificado Celga. Aquí tedes o listado completo de cursos, cada un deles de 60 horas lectivas, cos seus respectivos horarios:

NIVEL DATAS INICIO E FIN HORARIOS DÍAS
Celga 2 Outubro 2015 – Xaneiro 2016 17:30 – 20:00 Mércores e venres
Celga 2 Febreiro 2016 – Maio 2016 17:30 – 20:00 Mércores e venres
Celga 3 Outubro 2015 – Xaneiro 2016 17:30 – 20:00 Luns e xoves
Celga 3 Febreiro 2016 – Maio 2016 17:30 – 20:00 Luns e xoves
Celga 4 Outubro 2015 – Xaneiro 2016 09:00 – 11:30 Mércores e venres
Celga 4 Febreiro 2016 – Maio 2016 09:00 – 11:30 Mércores e venres
Celga 4 Outubro 2015 – Xaneiro 2016 19:00 – 21:30 Martes e xoves
Celga 4 Febreiro 2016 – Maio 2016 19:00 – 21:30 Martes e xoves

O prazo para a presentación de solicitudes abranguerá desde o 4 de agosto ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre. As solicitudes (Anexo III + fotocopia do DNI) presentaranse presencialmente na Secretaría da EOI.

Cursos de linguaxe administrativa en liña

Os cursos de linguaxe administrativa galega terán unha duración de 75 horas lectivas e diríxense principalmente ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia. No caso de non cubrirse todas as plazas, as sobrantres destinaranse a particulares de 16 anos que posúan os certificados ou acreditacións equivalentes indicados na Orde publicada no DOG.

Celebraranse dous cursos na EOI de de febreiro a maio de 2016: un de Nivel Medio e outro de Nivel Superior (para o cal fará falta contar co certificado do anterior). As solicitudes de inscripción presentaranse presencialmente na Secretaría da EOI dende o 14 de decembro de 2015 ata 4 de xaneiro de 2016.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*