Volven os cursos gratuitos preparatorios para o Celga

Xa temos aquí unha nova edición de cursos para preparar o Celga! A Xunta de Galicia deu a coñecer unha nova tanda de cursos de formación en lingua galega, co obxectivo de prepararse para o exame do Celga 2, Celga 3 ou Celga 4. Estes cursos diríxense a particulares maiores de 16 anos interesados en presentarse as probas para certificar a súa competencia en lingua galega, polo que a realización do curso en sí non da dereito a ningún tipo de certificación.

Estes cursos preparatorios son gratuitos e contarán cun número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30. Impartiranse presencialmente no IES Ricardo Mella (Estrada Vella de Madrid, 177) do 12 de setembro ata o 2 de novembro, de luns a venres en horario de 19:30 ás 21:30 (un total de 70 horas lectivas).

Para apuntarse tedes que descargar a solicitude, cubrila e enviala xunto cunha copia escaneada do DNI a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tedes de prazo ata o 16 de xullo para presentar a vosa solicitude.

Máis información:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*