Libros gratis sobre a Toponimia do Val do Fragoso

Manual-Cabos 3O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven desenvolvendo dende 2010 un proxecto de recuperación da toponimia tradicional local, consistente na recollida e divulgación da microtoponimia das parroquias de Vigo. Este proxecto comezou polas parroquias de Coia e Lavadores e o resultado desas investigacións plasmouse en dous libros, «Toponimia do Val do Fragoso. Coia» e «Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores», escritos por Iván Sestay e coa colaboración da Universidade de Vigo.

Dende este enlace á páxina web do SNL podedes descargar ambas obras en PDF, así como os mapas destas parroquias coa toponimia tradicional. E se o desexades, hai dispoñibles exemplares impresos do segundo dos libros, «Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores», que podedes recoller de forma gratuíta no Servizo de Normalización Lingüística no Concello (Praza do Rei, 1, 1ª planta) entre as 09:00 e as 14:00 de luns a venres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*