Recentemente a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo fixo pública a listaxe de cursos aprobados dentro do programa municipal de formación persoal «Ser muller é unha boa idea». Estes cursos gratuitos, dirixidos a mulleres maiores de 18 anos, desenvolveranse nas Asociacións de mulleres e vogalías da muller das Asociacións veciñais adheridas ao programa.
Ofértanse en total 52 horas de formación en cada un destes centros durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2013 a xuño de 2014 (algunhas actividades xa comezaron e outras farano nos meses de novembro e de xaneiro). Entre os cursos programados hai varios de temática deportiva -ioga, pilates, tai chi-, artística -debuxo, teatro, percusión e canto tradicional- e outros como o de autoestima e crecemento persoal. Neste enlace podedes consultar o listado completo e os centros onde se imparten.
As interesadas en apuntarse deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres que pertenzan ao barrio, sexan ou non socias da asociación veciñal.
Máis información:
- Web da Concellería de Igualdade
- Teléfono: 986.810.284 (atenden de luns a venres de 08.00 a 15.00)
- Mail: ofi.muller@vigo.org
- Perfil en FB
- Perfil en Twitter
Me gustaria tener 4 latas de coca cola con los nombres:
Ainoa
German
Hemy
Agus
Muchas gracias.
Ola espero q me llege esta lata es muuy guay