O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro lido en galego impartido pola actriz Uxía Blanco. Vai dirixido a persoas adultas que desexen mellorar a súa expresión oral en galego e terá lugar no salón de actos do Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2) durante oito días: 25 e 27 de novembro e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro, en horario de 17:30 a 20:00.
Ademáis de traballar oralmente o idioma galego, o obradoiro ten o dobre obxectivo de dar a coñecer o pensamento e o teatro de Castelao e o de mellorar as dotes interpretativas e oradoras a través da representación da obra «Os vellos non deben de namorarse» en formato de teatro lido.
A inscrición xa está aberta no 986.810.281 (horario de 09:00 a 14:00)
- Máis información en xornal.vigo.org
- Instituto Municipal de Educación en Camiño do Chouzo, 2
Deja una respuesta