O espazo público de ocio alternativo Súbete ó Castro publicou recentemente un avance da súa programación formativa para o primeiro semestre do ano. Trátase dos cursos gratuitos de formación musical e artes escénicas que terán lugar dende a primeira semana de febreiro ata xuño en clases semanais de unha hora, en grupos reducidos e distintos niveis.
Estos os cursos que ofertan nesta ocasión e os seus respectivos horarios:
- Combo: os luns de 18:00 a 19:00
- Baixo eléctrico: os luns de 19:00 a 20:00
- Guitarra eléctrica: os martes de 17:00 a 20:00
- Batería: os xoves de 16:00 a 18:00
- Técnica vocal: os xoves de 16:00 a 18:00
- Improvisación teatral: os venres de 20:00 a 21:00
Monógraficos, unha única sesión:
- Obradoiro de Edición de audio: 8 de febreiro de 18:00 a 21:00, inscrición a partir do 24 de xaneiro ás 16.00 (+ info)
Estes cursos diríxense a mozos/as entre 13 e 35 anos e o período de inscrición está aberto dende o pasado venres 10 de Xaneiro. Se vos queredes inscribir tedes que descargar a ficha de inscrición e entregala impresa e cuberta nas instalacións de Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, s/n, a carón da pista de bicicletas do Castro) dentro do horario de atención ao público, que é de luns a xoves de 16:00 a 20:00 ou de venres a sábado entre as 16:00 e as 22:00.
Máis información:
- Normativa dos cursos de Súbete ó Castro
- xuventudevigo.org
- Perfil en Facebook
- Tlf: 986.485.541
- Mail: subeteocastro@vigo.org
Deja una respuesta