A Xunta de Galicia convocou recentemente unha nova edición de cursos preparatorios para as probas dos niveis CELGA (Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4) que se impartirán entre marzo e maio nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos, de carácter gratuito, están dirixidos a particulares maiores de 16 anos interesados en presentarse as probas para certificar a súa competencia en lingua galega.
O vindeiro luns 10 de marzo comenzarán as clases segundo os días e horarios fixados para cada curso, que podedes consultar na seguinte táboa:
Para apuntarvos, só tedes que levar impresa e cuberta a solicitude que saiu publicada no DOG (ver ao final o apartado «Máis información») xunto cunha fotocopia do DNI e entregalas na secretaría da EOI (Martínez Garrido, 17) dentro do horario de atención ao público:
- Mércores 5: o centro permanecerá pechado por mor da festividade do Entroido
- Xoves 6: de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
- Venres 7: de 09:00 a 14:00
Cada grupo ten un máximo de 25 prazas, polo que de superarse ese número nas solicitudes dalgún grupo, as prazas serán repartidas mediante sorteo o mesmo venres 7 ás 14:00. Esa mesma tarde publicarase a listaxe de admitidos na páxina web e nos taboleiros da EOI.
***[ACTUALIZACIÓN 12/03/2014]***
Onte publicouse no DOG a resolución das probas para a obtención do CELGA, podédelo consultar neste enlace.
Máis información:
- Orde publicada o 25/02/2014 no DOG, pola cal se convocan estes cursos. Nel inclúese o Anexo I, que é a solicitude que tedes que entregar cuberta na secretaría da EOI
- Web da EOI de Vigo
- Teléfono: 986.260.210
- Mail: eoi.vigo@edu.xunta.es
Deja una respuesta