Práctica gratuíta de tenis de mesa con Súbete ó Castro

O centro social xuvenil Súbete ó Castro organiza dous eventos para a practica do tenis de mesa coa colaboración do Club de Tenis de Mesa Vigo (que xa volo presentamos por aquí). O primeiro deles será unha clase práctica que tera lugar o sábado 5 de abril de 17:00 a 20:00 no pabellón do Colexio Fonte Escura (a carón do Centro de saúde de Lavadores, mapa), recinto onde habitualmente imparte o clube as súas clases. Se estades interesados en participar bulide en apuntarvos, pois a inscripción estará aberta ata o xoves desta semana.

Unha semana máis tarde, o sabado 12, terá lugar o segundo dos eventos previstos: un torneo de tenis de mesa para afeccionados. Neste caso farase nas propias instalacións de Súbete ó Castro a partir das 18:00 e o prazo para apuntarse abriuse o pasado sábado 22.

Máis información e inscripcións:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*