Xa coñecemos as novas actividades artísticas e formativas para a mocidade que ofrecerán proximamente os espazos da Concellería de Xuventude de Vigo, Casa da Xuventude e o Punto Xove. Ademáis das actividades e servizos habituais -exposicións de artistas emerxentes, orientación en estudos, traballo e voluntariado e o servizo Síntome Ben de asesoramento nutricional, etc.- tenñen preparada unha completa axenda de formación para os vindeiros dous meses,na que destacamos os cursos de informática, fotografía, hortas ecolóxicas e os obradoiros de manualidades.
Obradoiros creativos (sábados de 10:30 a 13:30)
- Iniciación á calceta e ganchillo (27 de setembro e 4 de outubro)
- Maceteiros colgantes de macramé (11 de outubro)
- Camisetas creativas (18 de outubro, tes que levar a túa propia camiseta)
- Maquillaxe para Samaín (25 de outubro)
¿Cómo me inscribo?
O periodo de inscripción xa está aberto e só tes que encher esta ficha de inscrición para os cursos de formación. Só vos poderedes inscribir nun único curso, aínda que podedes indicar unha lista de preferencias ao final por se non quedaran prazas para o curso desexado, xa que as prazas asígnanse por orde de chegada. Por outra banda, se o que queredes é apuntarvos a algún dos catro obradoiros artísticos tedes que chamar ao 986 294 806 ou solicitar praza por e-mail en xuventude@vigo.org. Por último, recordade que para participar nestas actividades requírese ter entre 13 e 35 anos e estar empadroado en Vigo.
Máis información en xuventudevigo.org
- Punto Xove: Rúa López de Neira 27 (ao lado da Rúa Príncipe), teléfono 986 223 004
- Casa da Xuventude: Rúa López Mora 31, teléfono 986 294 806
Deja una respuesta