No marco da programación de actividades da «Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social», a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) e maila Unión de Cooperativas do Ensiño de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) presentan varias actividades formativas presenciais durante o verán en Vigo. En concreto UGACOTA organiza tres obradoiros gratuítos dirixidos a persoas interesadas en xeral, que terán lugar na Cámara de Comercio (r/República Arxentina 18 A) en horario de 09:30 a 14:30 (un total de 20 horas).
- Por qué non traballamos en equipo? Habilidades para contornos cooperativos: Busca desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo, coñecer recursos e metodoloxías que nos axuden a traballar e mellorar as habilidades sociais, así como descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo. Dúas datas a escoller: do 9 ao 12 de xuño ou do 28 ao 31 de xullo de 2015
- Formación cooperativa para persoas que queren emprender: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se darán a coñecer testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa. Catro datas para elixir: do 16 ao 19 de xuño, do 14 ao 17 de xullo, do 21 ao 21 de xullo ou do 11 ao 14 de agosto de 2015.
- Elabora o teu plan de empresa cooperativa. Análise da viabilidade de proxectos cooperativos. Dúas datas para elixir: do 4 ao 8 de agosto e do 1 ao 4 de setembro de 2015
Para apuntarvos nalgún destes obradoiros só tedes que cubir cos vosos datos este formulario de inscrición.
Pola súa parte, a UCETAG tamén organiza un obradoiro, neste caso dirixido principalmente a profesionais da educación que teñan interese en emprender baixo a fórmula de cooperativa. Celebrarase tamén na Cámara de Comercio de Vigo, entre o 8 e o 11 de xuño en horario de 17:30 a 21:30 (20 horas presenciais: 15 teóricas e 5 prácticas).
- Cooperativas de Ensino. Unha alternativa de emprego: Ten como obxectivos presentar as características da cooperativa de ensino e as claves que a diferencian doutras fórmulas, dar a coñecer os pasos necesarios para constituír unha cooperativa de ensino con éxito e orientar sobre as axudas e recursos de apoio dispoñibles.
Podedes consultar aquí o programa completo e apuntarvos no seguinte formulario de inscrición.
Máis información:
- UGACOTA: Teléfono: 986 13 65 92 / Mail: nuria@ugacota.coop / Web
- UCETAG: Teléfono: 986 866 149 /Mail: teresa@ucetag.org / Web
Deja una respuesta