O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Por iso a Concellería de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, no que o obxectivo é tomar consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional.
Este obradoiro gratuito diríxese a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Terá un total de 21 horas lectivas presenciais os días 12, 19, 26 de abril e 3, 10, 24, 26 de maio en horario de 17:00 a 20:00 no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2).
Haberá dúas charlas explicativas previas ao obradoiro nas que se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do obradoiro. As charlas terán lugar o martes 23 de febreiro de 18:30 a 20:30 na Casa da Xuventude (López Mora, 31) e o mércores 3 de marzo de 18:30 a 20:30 na Oficina Municipal de Distrito do Casco Vello (Oliva, 12). En ambos casos non se precisa apuntarse previamente para a asistir ás charlas.
Aquí vos deixamos o que se tratará nas charlas explicativas previas:
1. Introdución ao obradoiro
- Ligazóns entre a vida cotiá e o teatro
- O teatro como recurso expresivo no entorno social
- Nacemento do teatro e das fábulas como ferramenta de aprendizaxe e achegamento ao sobrenatural
- O teatro na historia, dende o teatro ritual, traxedias gregas, teatro isabelino, corrais de comedia, Commedia dell’Arte, teatro relixioso, e a súa repercusión social
- Explicación dos contidos do obradoiro
2. Xogos de dinámica grupal cos asistentes á charla
- Xogos de presentación
- Xogos de acción-reacción
- Xogos de equilibrio espacial
- Amebas
3. Pequenas impros sinxelas de carácter cómico nas que poidan participar varios dos asistentes
Máis información:
- Normalización Lingüística está na Praza do Rei, 1
- Teléfono: 986.810.281
- Mail: ofi.normalizacion@vigo.org
- Web
- Perfil en Facebook
FOTO:Alan Cleaver
Deja una respuesta