Formación gratuita sobre cooperativismo en Vigo

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA)  inicia a súa nova Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo. Nesta ocasión presenta 8 cursos presenciais e gratuítos, dirixidos a toda persoa interesada en aprender sobre cooperativismo, que se levarán a cabo entre os meses de xuño e xullo nas localidades de A Coruña, Sada, Ames, Vilagarcía de Arousa, Ribadeo e Vigo.

Para a nosa cidade están programados dous cursos, que vos expoñemos a continuación. Impartiranse presencialmente na Cámara de Comercio de Vigo (r/República Arxentina, 18 A) en horario matinal e teñen unha duración de 20 horas cada un:

Elabora o teu plan de empresa colaborativo

Contabilidade para o emprendemento cooperativo

Máis información: 
  • A sede de UGACOTA en Vigo está en r/Cronista Rodríguez Elías, 2
  • Teléfono: 986 13 65 92
  • Mail: nuria@ugacota.coop
  • Web

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*