A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organiza para o domingo da semana que vén, 27 de maio, unha nova andaina. Esta vez será algo distinta ás anteriores: trátase dunha ruta polo casco urbano de Bueu para coñecer algúns dos monumentos máis salientables da vila, conducidos polas pegadas de Urbano Lugrís, un dos pintores máis destacados da historia de Galicia.
A ruta comezará na Casa Consistorial, onde se atopan copias dos bocetos que Lugrís deseñou para a Capela dos Santos Reis. Continuará cara a casa natal de Matilde Bares, mestra que desenvolveu unha intensa labor de difusión da cultura. Visitarase a Igrexa Parroquial de San Martiño, con pezas de estilo románico e o Calvario de Bueu, de grande importancia dado que só existen tres conxuntos escultóricos deste estilo en Galicia.
Continuando cara a Casa de Música Manuel Omil e a Praza do Enleito, onde estivo a primeira Casa Consistorial de Bueu, chegarase ata o Pazo de Castrelos, que foi residencia do escritor Johán Carballeira.
A Capela dos Santos Reis será o punto central desta ruta e unha das obras protagonistas, única capela adicada aos Reis Magos xunto coa catedral de Colonia. Urbano Lugrís foi o deseñador do novo templo, quen o encheu de motivos marítimos, fiel ao seu estilo. Disfrutarase de fermosas vistas sobre a ría coa visita ao Pazo de Santa Cruz, unha das máis destacadas xoias arquitectónicas do Morrazo.
Descendendo de novo en dirección ao mar, chegarase ao Estaleiro de Purro, unha das últimas carpinterías de ribeira conservadas, así como tamén se visitará o pantalán das embarcacións tradicionais para contemplar as dornas, botes polbeiros, lanchas xeiteiras, etc. O roteiro rematará apenas uns metros despois, no Museo Massó, de gran importancia polos seus fondos bibliográficos e etnográficos, sendo un dos museos máis importantes de temática mariñeira.
- ¿Cando?: o próximo domingo, 27 de maio. Saída ás 10:00h. A ruta comeza A ruta comeza na Casa do Concello de Bueu (Avenida de Montero Ríos).
- Percorrido do roteiro: son en total 6 km. Neste enlace tedes un mapa co percorrido, que ao ser circular, remátase no punto de partida.
- Duración: unhas 3 horas e media, aproximadamente.
- Dificultade: moderada.
- ¿Teño que levar algo en particular?: calzado cómodo para camiñar con sola non esvaradiza e auga dabondo para hidratarse no camiño.
- ¿Onde me apunto?: Para participar só tes que confirmar asistencia no e-mail comunicacion@fecimo.es ou chamando ao teléfono 986.305.000. Tes que deixar os teus datos (nome, apelidos e teléfono) e dicir se vas con máis xente. En principio, non hai límite de prazas. Ollo, porque mañá venres 25 é o último día para apuntarse.
- ¿Cando custa?: A asistencia é gratuita pero é imprescindible confirmación e número de asistentes, para ter contabilizados os participantes do roteiro. Polo tanto, os únicos custes son os de desprazamento ata Cangas.
Para ir dende Vigo ata Bueu en coche, aquí vos deixo un mapa coa ruta. Se pulsades enriba del, abrirásevos en Google Maps mostrando os distintos pasos da ruta.