Vía Enxeñería Sen Fronteiras chéganos esta información:
«Nos tempos que corren estamos rodeados de tecnoloxía. Dende as megaconstruccións propias do campo da enxeñería civil, coma pontes ou outras grandes infraestructuras, ata a máxima miniaturización acadada nos teléfonos móbiles de última xeración. Todas elas innovacións que, dunha maneira ou outra, modifican o estilo da vida das persoas usuarias das mesmas, así como do seu entorno. Agora ben, ¿responden sempre estas innovacións ás necesidades reais da población? ¿E esta quen ten o control sobre a mesma? ¿Son igual de válidas as mesmas tecnoloxías nuns lugares ca noutros?»
Estas e outras cuestións serán respondidas na charla que terá lugar mañá, mércores 23 de maio, ás 20:30h na cafetería UF (Rúa Pracer, 19, moi preto do Concello).