Recentemente a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo fixo pública a listaxe de cursos aprobados dentro do programa municipal de formación persoal «Ser muller é unha boa idea». Estes cursos gratuitos, dirixidos a mulleres maiores de 18 anos, desenvolveranse nas Asociacións de mulleres e vogalías da muller das Asociacións veciñais adheridas ao programa.