Como peche á tempada cultural da Universidade de Vigo, chega o concerto de Sés, proxecto musical da cantautora María Xosé Silvar. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia coa banda Chámalle Xis! e dalgunhas colaboracións con Zënzar ou Xabier Díaz, en 2011 María Xosé publica «Admirando a condición», o primeiro disco de Sés. Completan a súa formación Aixa Romay, Lucía Souto, Carla Álvarez (coros), Tito José Calviño (guitarra), Miguel Queixas (batería), Cristian Leggiero (piano), José Rodríguez (saxo), Moncho Ces (trompeta) e Daviz Paz que, ademais de tocar o saxofón é o produtor musical e arranxista do disco.
Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un montón de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario. Velaquí unha mostra do traballo de Sés:
- Cando?: mércores 16 de maio, ás 12:30h.
- Onde?: sala 1 do Edificio Miralles, en pleno corazón do CUVI.
- Cuánto custa?: NADA. A entrada é gratis ata completar aforo.