[ENTRADA ACTUALIZADA A 11/06/2014] Case dúas semanas despois de Empregalia teremos unha nova edición da feira Ponteemprego, iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra co obxectivo principal de axudar ás persoas na procura de emprego. Esta terceira edición -que nesta ocasión adiántarase 4 meses respecto das anteriores veces– celebrarase o mércores 25 e xoves 26 de xuño no Pazo de Cultura de Pontevedra (MAPA) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
Ao igual que o ano pasado, nesta ocasión tampouco se recollerán CVs os días da feira para evitar aglomeracións. O mércores 11 de xuño publicarase o Boletín Especial PonteEmprego (podedes consultar o aquí o boletín e o suplemento ao boletín, que inclúe máis ofertas) no que se dará a coñecer todas as ofertas de emprego que compoñerán a bolsa de contratación da feira. Cada unha das ofertas detalla as características do posto, os requisitos que se solicitan e un correo electrónico de contacto ao que os aspirantes deben enviar o seu currículo. Unha vez pechado o prazo de inscrición, e comprobado a idoneidade dos demandantes de emprego ás esixencias requiridas nos postos ofertados, serán as empresas participantes na Bolsa de Contratación as que concertarán o seu propio proceso de selección, citando individualmente os candidatos seleccionados.
Inscrición nas actividades en proxectoiles.eu/solicitud.asp
A feira no Pazo da Cultura constará de stands informativos e un completo programa de obradoiros, conferencias y mesas redondas. Todas estas actividades serán de entrada gratuita con inscripción previa, a formalizar a través da web do evento, aquí tedes o horario das actividades:
Máis información:
- Web PonteEmprego
- Web de Proxecto ILES
- Perfil en FB
- Perfil en Twitter
- Teléfono: 986.841.606