Máis ou menos por estas datas, o Grupo Naturalista Vacaloura (entidade viguesa sen ánimo de lucro que ten como principais actividades o estudo e a conservación das especies e espazos naturais de Galicia) organizara unha xornada de observación de aves migratorias en Samil e este ano decidiron repetila. Nesta época, dende a punta da desembocadura do Lagares poderanse observar nos illotes e nas augas da ría aves mariñas en paso como carráns (Sterna sspp.), gaivotas (Larus sspp.) e lamícolas (Arenaria interpres, Calidris sspp., Limosa sspp., etc.).
Tag Archive for naturaleza en vigo
Xornada de observación de aves en migración
O Grupo Naturalista Vacaloura é unha entidade viguesa sen ánimo de lucro que ten como principais actividades o estudo e a conservación das especies e espazos naturais de Galicia. De xeito periódico organiza excursións, cursos e xornadas de divulgación da natureza, dirixidos ao público en xeral. Unha delas é a xornada de observación de aves migratorias que terá lugar este sábado en Samil.
Dende a punta da desembocadura do Lagares poderanse observar nos illotes e nas augas da ría aves mariñas en paso como carráns (Sterna sspp.), gaivotas (Larus sspp.) e lamícolas (Arenaria interpres, Calidris sspp., Limosa sspp., etc.). Ao rematar farase un percorrido polo interior da Xunqueira do Lagares, na que se realizarán varias estacións de observación para contemplar, entre outras aves, garzas (Ardea sspp.), galiñas de río (Gallinula chlorpus) e outras lamícolas.