A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, organiza unha serie de obradoiros de diversas temáticas. Darán comezo entre mediados de febreiro e principios de marzo, constan todos eles de 30 horas de duración e o número de prazas oscila entre 10 e 21.
Tag Archive for obradoiros
Obradoiros Extensión Universitaria 2º cuatrimestre de 2014 na Universidade de Vigo
Fanzinado, obradoiro de creación de fanzine e revistas en Súbete ó Castro
O centro de ocio xuvenil Súbete ó Castro organiza a partir de mediados deste mes un novo obradoiro gratuíto, neste caso adicado á creación de fanzines e revistas. Terá lugar nas propias instalacións de Súbete ó Castro (c/Paseo dos Cedros, s/n, a carón da pista de bicicletas de O Castro) durante 4 sábados en horario de 17:00 a 18:30.
Aquí vos deixo o programa:
Disquecool celebra mañá a súa Disquefesta
Aínda que en Vigo Low Cost somos máis de movernos polas proximidades -O Morrazo, Porriño, Redondela, etc.- ás veces gustanos viaxar un pouco máis aló, a ver que se coce por terras estranxeiras. E polo visto, o que se coce mañá en Pontevedra non é moco de pavo: Disquecool, o magazine de tendencias online made un Galicia, vai celebrar o seu primeiro ano e pico de vida por todo o grande. Será mañá, 15 de setembro, no Liceo Mutante de Pontevedra (r/Rosalía de Castro, 100), a partir das 16:00 e ata que o corpo aguante. Hai dous prezos: entrada + chapa a 2€, e entrada + chapa + bolsa a 6€.
Aquí vos deixo o programa completo da Disquefesta:
Obradoiros de internet para adultos
Enterámonos vía Xornal Vigo dunha serie de tres obradoiros gratuitos relacionados con Internet e destinados ao público adulto que se celebrarán este verán. Son os seguintes:
No Centro Local de Emprego (sito en r/Oporto, 1)
- Trámites electrónicos coa administración: do 2 ao 4 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Uso seguro de Internet para pais e nais: do 9 ao 11 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 16 ao 18 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
No Centro Cívico Municipal de Teis (sito en Camiño Maceiras, s/n)
- Trámites electrónicos coa administración: do 3 ao 5 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Uso seguro de Internet para pais e nais: do 10 ao 12 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
- Comunicación en tempo real. Messenger e Skype para pais e nais: do 17 ao 19 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas
En principio, o único requisito para inscribirse é estar empadroado no Concello de Vigo. Para inscribirvos ou solicitar máis información, tedes que chamar ao número de información local 010.
Actividades de verán en Súbete ó Castro
A xente de Súbete ó Castro publicou estes días o programa das actividades que organizan este verán. Para velo completo podedes consultalo neste enlace, aquí vos deixamos un resumo do que atopamos máis interesante:
Actividades físicas
- Curso de Danza Zumba: todos os venres de xullo, de 20:00 a 20:50
- Curso de Street Fitness: todos os martes e xoves de xullo e agosto, de 20:00 a 21:00