Un ano máis volve Culturgal, feira das industrias culturais de Galicia, ao Pazo da Cultura de Pontevedra (r/Alexandre Bóveda, s/n; consulta aquí como chegar). Hoxe venres 29 abre as súas portas ata o domingo 1 de decembro cun sinfín de actividades lúdico-culturais (literatura, teatro, danza, circo, maxia, audiovisuais, novas tecnoloxías…) para todos os públicos. Ademais de actuación, esta sexta edición de Culturgal contará tamén coa clásica feira de stands onde as empresas participantes darán a coñecer os seus produtos e servizos e unha sección de tenda onde adquirir produtos culturais cun 10% de desconto.